Agradecemento

Trevinca, Patrimonio de Montaña e Cima de Galicia

GRAZAS a TODOS e a TODAS, ó gran número de persoas que coa vosa sinatura e adhesión ao noso manifesto de “Salvemos Trevinca”, posibilitáchedes que as Montañas de Trevinca sigan sendo o belo, importante e patrimonial símbolo de todas as montañas galegas.

GRAZAS a TODOS e a TODAS, os profesionais da información en prensa e outros medios, porque coa vosa importante colaboración chegaron ao público as nosas xustas e fundamentadas demandas de protección da nosa Natureza de Montaña.

GRACIAS a TODOS os clubs de Montañismo por defender as Montañas como razón de ben común e imprescindible marco da nosa actividade deportiva. O Montañismo nace nos Alpes Franceses fai uns 250 anos. Antes, agora e sempre, seguirá sendo “MÁIS QUE UN DEPORTE”. Recoñecendo estes valores, no ano 2019 a UNESCO o declarou Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

GRAZAS a TODAS as administracións públicas, comezando polo concello da Veiga e a Deputación Provincial de Ourense ata a Xunta de Galicia, por denegar a instalación de parques eólicos nestas Montañas de Trevinca. Grazas pola súa comprensión do grave problema que ameazaba a este territorio de alta montaña, tanto no ambiental e humano, como no social e económico. Nestes momentos, multitude de recoñecidas e competentes voces de científicos, universidades e medios especializados en temas ambientais, recoñecen a necesidade dunha maior atención á imparable perda de biodiversidade no noso planeta. Son moitas as autorizadas opinións sobre a prioridade da vida natural por enriba das razóns económicas ou incluso enerxéticas. Tamén nos alegra recoñecer, que as opinións e decisións das diferentes ideoloxías políticas, están de acordo na obrigatoriedade de coidar e protexer a nosa Galicia verde e natural -e sobre todo-, montañosa.

Só nos queda realizar unha reflexión e facer unha petición: Cando será Trevinca Parque Natural? Esperamos que moi pronto. Razóns hai de sobra. Galicia o merece, e con seguridade, o agradece.

GRAZAS A TODOS E TODAS

A Xunta Directiva

Antonio Fernández (Cholo)

Mónica Rodríguez

Juanjo Lorenzo

Marcos Pérez

Moitas grazas polo teu apoio!

Fotografía na Cima de "Pena Trevinca" o punto mais alto de Galicia nas Montañas de Trevinca-Cima de Galicia . 13 de febreiro de 2021.